"O discurso económico alternativo galego: análise dun novo marco cognitivo", artigo realizado por Alba Lago Martínez.

Publicado en la Revista Estudios de Lingüística Galega, 6 (2014), http://www.usc.es/revistas/index.php/elg/article/view/1533.
Resumo:
Este traballo ten o obxectivo de analizar o discurso de varios colectivos galegos que defenden un modelo económico alternativo, oposto ao que impera na actualidade. Este discurso desenvólvese nun contexto de crise económica e política e trata de satisfacer a demanda cidadá de solucións para os problemas que se están a padecer. Un novo sistema require unha nova construción ideolóxica que é elaborada e transmitida a través de prácticas discursivas innovadoras. Por este motivo abordamos a análise desde unha dobre perspectiva teórica: socio-cognitiva e retórico-construtivista. Consideramos este marco teórico variado, que parte das razóns polas que xorde a necesidade de novas formas de comunicación en situacións de crise como esta e continúa con referencias a cuestións de corte máis discursivo. Entre estas destacamos a concepción da linguaxe como instrumento de poder, na liña da Análise Crítica do Discurso, e como creadora de realidades alternativas. Neste sentido, o discurso ten a capacidade de activar novos marcos cognitivos, mediante o uso de recursos discursivos e de figuras retóricas que configuran determinados esquemas conceptuais e funcionan como argumentos do texto persuasivo. Coa aplicación desta teoría mostramos como os discursos destes colectivos constrúen un marco de interpretación baseado en tres perspectivas: a social, a medioambiental e a local. Desde o punto de vista argumentativo, este marco oponse completamente ao capitalista e trata de implicar a cidadanía en novos estilos de vida.
(Trabajo basado en el trabajo fin de máster de la autora, realizado y presentado en la UDC, en septiembre de 2013, dirigido por Esperanza Morales López).